Fanse máis duras as penas
Que nas brandas alboradas
Fanse máis cortas as risas
Máis negras as desventuras
Que non hai sera tranquila
E máis presto se aniquila
Canto máis á noite agarda
Eu ben sei destos secretos
Que se esconden nas entrañas
Que rebolen sempre inquietos
Baixo mil formas estrañas
Eu ben sei destes tormentos
Dos que fan xemer os ventos
Dos que morden cando choran
I anque ora sorrindo canto
Tanto chorei, chorei tanto
E chorei bágoas tan frías
Como as auguiñas dos mares
Vendo de onda ven o vento
Durmo na beira das fontes
Durmo na punta dos montes
WRITERS
Xosé Lois Romero, Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández García