LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Alento (feat. Reo & Mr.Mati)

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Sinto que hai algo que non pode cambiar
Preciso dunha forza, dun alento vital
Sentín unha presión que non puiden soportar
Preciso descubrir o que estou a buscar

Preciso terte cerca, preciso mandalo todo a merda
Preciso cartos, cariño, case dous planetas
Preciso tempo pra escribirme letras
Preciso outra, xa non me cabe nesta libreta
Cartas dende a outra punta, do precipio
Outro xoven que suspira, por atopar seu sitio
Drogas, frustracións e vicios
Vidas consumidas polo capitalismo
Non soará ben, pero si que é real
Os humildes, vencendo aos poderosos
Como en Gamonal!
Violencia silenciosa, pero que mata igual
Que aplican, cortándoche a luz e o gas
Nesta miña nova vida
Que é a única que teño
Non me van vencer preocupacións e medos
Aínda que sei que vou telos
Tamén gardo coma un tesouro
O teu alento
Co revólver no armario e
Sen balas na recámara
Míntome outra vez e digo
Que xa nos chamarán
A miña música é un pozo sen fondo pero
Se non a fago me desfondo

Sinto que hai algo que non pode cambiar
Preciso dunha forza, dun alento vital
Sentín unha presión que non puiden soportar
Preciso descubrir o que estou a buscar

Sentindo que o tempo voa,
Que a vida é unha soa
Que non vou ter tempo suficiente coas avoas
Veñen novas, pero non veñen boas
Era de espiñas, i eu aferreime a esa coroa
Where I am? Onde estou?
To be honest, I don't know
Everywhere seems far from home
Hai un burato de bala no meu corazón
Antes quería todo, pero agora non
Agora quero mans que suxeiten o meu puño
Os días que eu non poida loitar
Tecer fíos entre cada punta do mundo
Facer un mundo máis sostible e non medrar
Sen máis ansia que a de liberdade
Que a de loitar pra darlle sentido a vida
Como vivo tranquilo mentres persoas mendigan?
Non desconecto mentres medran os suicidas
Queres que saia de festa cada finde?
Serei flipado, pero o meu non é tan simple
Eu fico máis baleiro despois de desinhibirme
Sinto amigo
Eu xa pasei os quince

Sinto que hai algo que non pode cambiar
Preciso dunha forza, dun alento vital
Sentín unha presión que non puiden soportar
Preciso descubrir o que estou a buscar

WRITERS

Xavier Simón Montero

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Sadness

Sentiment
Thumbsup IconThumbsup Icon
Theme

None