De pedra son os muros i as tebras
De pedra o chan i as reixas
As portas,as cadeas,o aire,as fenestras
Feitos están tamén de pedra
Nesta longa noite de pedra
Pra acalar esta anguria que me berra
Dende o fondo da noite estrelecida
Pedindo amor, pregando fe de vida
Pra ser eternamente alma da terra
Na Lingoa proletaria do meu pobo
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
Porque me peta e quero e dame a gaña
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Paz de osario e cimenterio
Paz de mazmorra e censura
Paz de mansos periodistas
Non che direi que imos vingarte
Amigo morto polo ferro airado
Porque pasaron tantos anos, tantos treidores
De pedra son os muros i as tebras
De pedra o chan i as reixas
As portas,as cadeas,o aire,as fenestras
Feitos están tamén de pedra
Nesta longa noite de pedra
Unha chuvia monótona e tristeira
Cai decote na miña intimidade
E sinto que unha sombra silandeira
Coma un solpor o meu esprito invade
Chove, chove na casa do pobre
E no meu corazón tamén chove
Cando quero vivir digo Moraima
Digo Moraima e ponse azul a alba
Cando quero soñar digo Moraima
Penso loitar até a última hora
Porque todos temos a nosa Moraima
Porque todos temos a nosa Celanova
De pedra son os muros i as tebras
De pedra o chan i as reixas
As portas, as cadeas, o aire, as fenestras
Feitos están tamén de pedra
Nesta longa noite de pedra