LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

A Carolina

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
A saia da Carolina, ten un lagarto pintado
Cando a Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo
—Bailaches, Carolina? —Bailei, si señor!
—Dime con quen bailaches —Bailei co meu amor
—Bailaches, Carolina? —Bailei, si señor!
A Carolina é unha tola que todo o fai ao revés
Vístese pola cabeza e íspese polos pés
—Bailaches, Carolina? —Bailei, no cuartel!
—Dime con quen bailaches —Bailei co coronel
—Bailaches, Carolina? —Bailei, no cuartel!
O señor cura non baila porque ten unha coroa
Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa
—Bailaches, Carolina? —Bailei, abofé!
—Dime con quen bailaches —Bailei co meu Xosé
—Bailaches, Carolina? —Bailei, abofé!
No curro da Carolina non entra carro pechado
Na máis entra Carolina co seu cocho polo rabo
—Bailaches, Carolina? —Bailei, si señor
—Dime con quen bailaches —Bailei co meu amor
Co teu amor Carolina non volvas a bailar
Porque che levanta a saia e é moi mala de baixar

WRITERS

ALFREDO DE MARSILLAC, MOACYR DIAS BASTOS

PUBLISHERS

Lyrics © Sony/ATV Music Publishing LLC

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

From This Artist